Select Page

CONCELLO DE CASTRO DE REI

CASTRO DE REI

Castro de Rei tén una oferta continua durante todo o ano tanto nos seus recursos naturais y patrimoniais como nos servizos que ofrece ós seus habitantes e ós seus visitantes. As rutas de sendeirismo do río Azúmara e a de Escrita teñen un gran atractivo para os aficionados a esta actividade deportiva. Durante a época estival, a área recreativa do río e as piscinas municipais son algunhas das zonas máis demandadas no municipio. Ademáis a feira de Castro Riberas de Lea que se celebra todos os mércores e a de Castro de Rei son un importante complemento turístico e gastronómico. A de Castro Riberas de Lea é unha das feiras que máis visitas tén de toda a provincia. Conta con postos de artesanía e un mercadillo, pero tamén ofrece a oportunidade de degustar un exquisito polbo. Estamos falando de centenares de persoas que durante os meses de verán visitan a localidade. O mercado gandeiro de Castro constitúe un afluente de público moi importante porque é o terceiro mercado nacional de importancia na comunidadr autónoma galega, xunto co de Silleda, en Lalín, e o de Amio, en Santiago.  

Dá un paseo

Senda lineal que se percorre máis facilmente comezando desde o Museo Arqueolóxico do Castro de Viladonga, circunstancia que debe ser aproveitada para visitar unha das referencias da vida castrexa en Galicia. Desde aquí, descenderemos gozando dunha espectacular panorámica da Terra Chá pouco a pouco o bosque de bidueiros e alisos cubriranos ata chegar ao Lugar de Monelos, onde poderemos contemplar un fenomenal conxunto de arquitectura civil composto polo Pazo de Fontexón.

Ruta do Azúmara

  • Duración – 3 Horas
  • Lonxitude – 7 Km.
  • Dificultade – Baixa

fondo-video

Lagoa no corazón da Terra Chá lucense que, como outras en la zona, é rica pola súa diversidade tanto en flora como en fauna sobre todo ornitolóxica. Hai un miradoiro para contemplar ás aves na súa vida diaria, é un ecosistema singular e, sen dúbida, de gran interese ecolóxico debido á flora e fauna do lugar, aquí habitan máis de 100 especies protexidas. Centrándonos na súa vexetación, destacan os nenúfares, xunqueiras e espadanas, amieiros, salgueiros, bidueiros ou carballos.

  • Duración – 2 Horas
  • Recurso Natural Observatorio
  • Accesibilidade

aerea-viladonga1280

A importancia arqueolóxica e o interese histórico do Castro de Viladonga, así como a cantidade e calidade dos  materiais aparecidos nas excavacións feitas aquí dende 1972, e a necesidade de investigalos e expoñelos no seu propio contexto, fixeron que en 1983 o Ministerio de Cultura creara o MUSEO DO CASTRO DE VILADONGA

  • Duración – 2 Horas
  • Recurso Patrimonial
  • Accesibilidade ó Museo interior
  • Accesibilidade ó castro

Información e Contacto

concello-castro

Pza. Maior, 1 – 27250

Castro de Rei (Lugo)

cderei@eidolocal.es

Tlf: 982 314034

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies,

ACEPTAR
Aviso de cookies

Pin It on Pinterest

Shares