
O Museo Etnográfico-Pedagóxico está localizado en Galicia no pobo de Bretoña, España. O museo foi fundado e creado por Villapol, inaugurado no 2002 alberga un amplo contido de obras de arte contemporánea e pezas da etnografía rural galega. As pezas da historia local mostran a evolución de varios oficios de Galicia rural de pasadas décadas: zoquero, panadeiro, carpinteiro, zapateiro, cestero, ou agricultor. Hai tamén unha representación que mostra unha escola típica, os instrumentos dun médico rural, dun dentista, ou dun químico, e todas estas escenas no marco do século XIX. Ademais, o museo contén manuscritos orixinais de autores como Otero Pedrayo, Vicente Risco, Bouza Brey, Antonio Fraguas, Igrexa Alvariño, Camilo García Trelles, González Garcés, e Castroviejo, así como unha colección de pinturas de artistas contemporáneos: Urbano Lugrís, Laxeiro, Castrogil, Vilar Chao, Mariano García Patiño ou Maior Balboa. Outra das coleccións que alberga o museo son os máis de 2000 sifóns orixinais.

Fernando Villapol Parapar (nacido o 26 de febreiro, 1953 en San Tirso de Abres, Asturias, España) é un museólogo e crítico de arte, pero máis coñecido como un escultor contemporáneo galego. Na actualidade vive e traballa en Bretoña na comarca da Terra Chá lucense. Foi tamén o fundador do Museo Etnográfico-Pedagóxico Villapol en Bretoña, Lugo. Estudou na Escola de Artes Aplicadas de Lugo, aínda que se considera un autodidacta. Atribúe gran parte dos seus coñecementos ás súas viaxes e investigacións escultóricas a través de diversos países, tales como; África, Cuba, Canadá, Dinamarca,Francia, Grecia, Italia, Noruega, Portugal, Suecia.
As esculturas de Villapol albergan unha variedade de materiais, incluíndo pero non limitando os seguintes:
- metal (ferro, bronce).
- madeira (castiñeiro, carballo, tezo).
- pedra (mármore, granito).
Estilo Artístico:
.As críticas do traballo de Fernando Villapol a miúdo definen as súas esculturas como unha combinación de realismo, surrealismo e estilo abstracto. O artista afirma que se inspira nas obras de Diego Velázquez, Urbano Lugrís, Eugenio Granell, e Salvador Dalí. Recentemente, os críticos suxeriron que o estilo de Villapol non pode ser definido por ningunha das anteriores categorías, pero si como unha fusión das tres: Realismo + ABstractismo + Surrealismo.
Premios e distincións
- Arte -Meigas e Trasnos- (Sarria, España, 1990)
- Premio de escultura Cidade de Lugo ( Lugo, España, 1994 )
- Certame de Arte en Cangas do Morrazo ( Cangas, España, 2004-2006 )
- 10 Edición de Arte de Burela, primeiro premio de escultura ( Burela, España, 2005)
- Certame Nacional de Arte de Luarca ( Luarca, España, 2006 )
- Museo Etnográfico-Pedagóxico
[fonte wikipedia]