Select Page

As “Penas de Rodas” son dúas enormes pedras de granito, case perfectamente esféricas, asentadas só sobre bases moi pequenas, que parecen estar a piques de caer rodando, o que impresiona bastante ao achegarse a elas.

O nome de “Penas de Rodas” (“Pedras dos Círculos”) débese á localización natural no lugar de dúas moles graníticas, que desde o seu elevado emprazamento (619 m.) dominan unha ampla panorámica da “Terra Chá” de gran valor agropecuario. Situadas no monte, no medio dun piñeiral, é un lugar propicio para o descanso e o lecer.

En Gaioso, ollando a Chá
Hai duas penedas ergueitas.
¡Semellan non ser verdá
redondeces tan ben feitas!
As Penas de Rodas son
dous ollos alucinados
Que espían con atención
Ós eidos máis alonxados.
Si ambas penas se desfán
arde, co mundo, un tesouro:
¡unha pena é de alquitrán,
a outra unha trabe de ouro!
Non sodes, non, cantería,
ouh penas de encantamento.
¡Temo que calquera día
vos poida levar o vento.
Manuel María, poeta

El origen de este tipo de formaciones se basa en la acción biogeoquímica del agua sobre la piedra granítica, y es típico de Galicia y el norte de Italia.Cóntanse varias lendas sobre o lugar que fan referencia ás grandes pedras de forma redondeada case perfecta: unha delas conta que unha das dúas pedras está chea de alcatrán e se rompese, alagaría toda a zona.
A outra comenta que unha das pedras está chea de ouro, e o que lograse rompela atoparíao e faríase rico.
No lugar celébrase a concorrida romaría de Penas de Rodas, o domingo anterior ao 12 de agosto.

A orixe deste tipo de formacións baséase na acción bioxeoquímica da auga sobre a pedra granítica, e é típico de Galicia e o norte de Italia.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies,

ACEPTAR
Aviso de cookies

Pin It on Pinterest

Shares