PILAR CUPEIRO
ARTESÁArtista plástica multidisciplinar, é licenciada en Belas Artes pola Facultade de Pontevedra, graduada en deseño de interiores, técnica en moldes e matricería cerámica, pintora, escultora e deseñadora de iluminación. Ao traballar en diferentes disciplinas artísticas, ábrese un campo de obras que se retroalimentan conseguindo un resultado orixinal. O lugar de traballo sitúase no corazón da reserva da biosfera Terras do Miño, moi propicio para a inspiración e a creación. Pódense observar dúas influencias predominantes na súa obra: a influencia da contorna natural coas súas formas orgánicas e unha tendencia social relacionada co mundo da muller.
CASA MUSEO VILLAPOL
ARTISTA ETNOGRÁFICOO museo expón esculturas temáticas contextualizadas, fotografías desde o s. XIX ata a actualidade, así como pezas de carácter etnográfico que mostran a evolución das distintas profesións significativas da comarca: almadreñero, panadeiro, carpinteiro, zapateiro, cestero, agricultor…; monográficos da escola, o médico, o avogado, o dentista, a farmacia…; e manuscritos orixinais de Otero Pedrayo, Vicente Risco, Bouza Brey, Antonio Fraguas, Igrexa Alvariño, González Garcés, Castroviejo…
LOLA DE CELA
ARTESÁO traballo coa palla, convertida en obxecto decorativo, ten nome propio: Dolores González Vigo ou “Lola de Cela”. Agora xa case non traballa , pola idade, pero aínda é habitual disfrutar das súas orixinais creacións na Feira de Artesanía de Outeiro de Rei. Comezou a traballar nos ratos libres, despois dos labores na casa e no campo, elaborando orixinais cestos, xoieiros ou marcos para cadros. Ademais da súa habilidade coa palla, dedicouse tamén a facer colchas a ganchillo para uso persoal. Lola é un exemplo de artesá autodidacta, orixinal e creativa nunha terra que inspirou a moitos artistas
IDOIA CUESTA
CESTERÍAO XANECO
ARTESÁN LUTHIEREntro en contacto coa música tradicional galega nos anos oitenta, na Asociación cultural de Outeiro de Rei. É aquí onde comezo a aprendizaxe como percusionista de xeito autodidacta.Dende entón xa non me puiden apartar do universo da Música Tradicional. O que comezou sendo unha afición apaixoante, foise convertendo pouco a pouco e case sen me dar conta na miña vida profesional.O meu Pai aprendeume o oficio de carpinteiro-ebanista dende rapaz, o que me posibilitou coñecer as técnicas e manexo de ferramentas para traballar a madeira. Esto facilitóume moito as cousas cando decidín facer o meu primeiro tambor nos anos 90 do pasado século, movido pola curiosidade e o reto de ser capaz de facer o meu proprio instrumento. Cando me quixen dar conta , xa tiña unha listaxe de encomendas que me fixo plantexarme a posibilidade de que podía adicarme profesionalmente ao oficio de luthier.
OLERÍA DE BONXE
ALFARERÍAA cerámica de Bonxe, unha das catro cerámicas ancestrais de Galicia, aséntase neste municipio.
Numerosos testemuños falan acerca da súa transmisión hereditaria familiar e Lucas Labrada, en 1809 rexistra a fama da olería de Bonxe nas feiras de Arzúa e Monterroso, entre outras. Sobre a década dos anos 50 aínda a totalidade dos veciños da parroquia vivían da olería (eran oleiros, chamábaselles así porque eran os que hacian as ondas ou cacharreiros). As boas condicións xeolóxicas da zona favoreceron sempre e mantiveron o bo ritmo de produción dos oleiros.