AULA VIRTUAL DA MANCOMUNIDADE DA TERRA CHÁ
.Esta aula virtual está concibida para o coñecemento e utilización recreativa e didáctica dos recursos naturais da Mancomunidade de Terra Chá, para achegar aos visitantes e habitantes coñecemento sobre os aspectos naturais, patrimoniais e turísticos, todo iso de forma didáctica, apoiada para iso por unha ampla reportaxe audiovisual dos recursos que alberga.
A Terra Chá, e en concreto esta Mancomunidade no seu conxunto alberga un importantísimo patrimonio paisaxístico e ambiental que constitúe un dos seus principais activos diferenciadores: bosques, prados, ríos, lagos, montes, vales… espazos paradisíacos en perfecto estado de conservación. A conservación dos espazos naturais son demandas sociais que avanzan co coñecemento por parte da poboación da súa importancia cara as potencialidades que propicia a explotación sustentable dos seus recursos. O coñecemento por parte da poboación propia da Mancomunidade e dos visitantes dos espazos naturais nos que habita é fonte de protección e de progreso porque se aprende a apreciar a súa importancia, a amalos e por tanto a coidalos.
Esta Aula Virtual pretende facer ver á poboación a importancia de protexer os elementos valiosos da natureza para que pervivan no tempo. Desde aquí queremos ser capaces de transmitir ao mesmo tempo a posibilidade de que a protección se converta en valor diferenciador e xerador de novas oportunidades de desenvolvemento e riqueza.