Select Page

CONCELLO DE OUTEIRO DE REI

OUTEIRO DE REI

Un dos elementos máis importantes da mancomunidade, e tamén aquel que a diferenza do resto doutras é Outeiro de Rei, este concello presume de ser un dos poucos municipios galegos onde aumenta a poboación, e xa supera os 5.000 habitantes tras incrementarse en case 600 o número de veciños durante a última década, o crecemento logra invertir a tendencia imperante en Galicia e afecta tamén ó desenvolvemento económico e sociocultural.

No plano da aventura e natureza este concello é un paraíso para os senderistas: tén dúas rutas municipais, unha delas homologada como a de Miradoiro dá Terra Chá, e a de Camiño do Miño. Ademáis o sendeiro da Deputación de Lugo As Insuas do Miño enlaza Outeiro de Rei e Rábade. A ponte colgante de Parada, que permite o acceso á illa de Seivane, con flora autóctona, é outro lugar emblemático.

Outros atractivos son:

Marcelle, con animais de cinco continentes.

Avifauna, con aves variopintas de numerosas latitudes.

Penas de Rodas, en Outeiro de Rei, onde se poden ver dúas grandes pedras de granito, case perfectamente esféricas, asentadas sobre bases moi pequenas.

Piago, en Outeiro de Rei, únense o río máis grande de Galicia e o Ladra para formar fermosísimas fervenzas.

Dá un paseo

Pequena ruta que percorre terras dos municipios de Rábade e Outeiro de Rei e que no tramo do Municipio de Outeiro de Rei ten unha lonxitude de aproximadamente 1,8 km.; de fácil percorrido, ao pé do río Miño, atravesa a “Insua de Abaixo” que situada na parroquia de Cela forma xunto coa “Insua de San Roque” e a “Insua de Trabanca” as chamadas “Insuas do Miño”.

SENDEIRO "AS INSUAS DO MIÑO

  • Duración – 1 Hora
  • Lonxitude – 1,8 Km.
  • Dificultade – Baixa

casamuseo-848x476

Casa Museo na que se alberga o conxunto do legado do poeta chairego Manuel María, e é ao mesmo tempo a sede da súa Fundación. Está concibido como un espazo físico para acoller a biblioteca, manuscritos, obxectos persoais ou calquera outro feito relacionado con Manuel María.

  • Duración – 1-2 Horas
  • Accesibilidade
  • Cultura

Penas de rodas

Na parroquia de Gaioso encontramos dentro da espaciosa área recreativa de Penas de Rodas, dúas orixinais moles graníticas que desde o seu elevado emprazamento (619 m.) dominan unha amplia panorámica da Terra Cha.

  • Duración – 1 Hora
  • Recurso Natural
  • Acceso en coche

Información e Contacto

68423087

Praza do Concello, núm. 1 – 27150

Outeiro de Rei – Lugo

info@outeiroderei.org

Tlf: 982 393281

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies,

ACEPTAR
Aviso de cookies

Pin It on Pinterest

Shares