Select Page

CONCELLO DE COSPEITO

COSPEITO

 Cospeito é o corazón da Terra Chá, coa implantación da administración 100% electrónica xa en marcha, e á vez grazas en gran medida ás súas feiras. A Feira da Maquinaria Usada e Artesanía que tamén inclúe antigüidades, unha cita que demostra, coa visita de milleiros de curiosos en cada nova edición, que o gran motor económico do municipio é a gandería, un sector que  dá ocupación a preto do 80% da poboación activa. Vacas e porcos son o medio de sustento de moitos  dos seus veciños, por iso, outra das feiras máis importantes para o avance necesario de Cospeito é a do Porco da Ceba (o último domingo de novembro), que xa pasou con éxito as súas  vodas de prata  no 2013. A Mostra  Exposición de Muimenta  (Moexmu), como é lóxico, é outro dos pratos fortes deste municipio. Este evento, que mantén o único concurso de gando  de toda a provincia,  xa cumpriu 30 primaveiras no 2014, coa forza  que lle imprimen os seus  veciños, que pese ao paso do tempo seguen mantendo a mesma  ilusión dos comezos. Aparellada a esta feira, e co fin inicial de recadar fondos para ela, naceu a Festa  da Filloa, que hoxe en día  xa é, de   maneira independente, unha cita máis no calendario festivo da vila.

O humidal Parga-Ladra-Támoga é un Lugar de Interese Coumunitario, formado por unha extensa rede fluvial, pequenas lagoas e espazos alagados. Entre as lagoas destaca a de Cospeito. Calquera época é boa para visitala pero o outono e o inverno son especialmente interesantes, dada a presenza das aves migratorias do norte de Europa

Dá un paseo | Ruta

Comeza esta ruta xunto ao Centro de Interpretación da Lagoa de Cospeito. A ruta bordea a lagoa e a súa área de influencia, permitíndonos descubrir os distintos hábitats que alberga. De especial interese é a avifauna migratoria, que podemos observar desde os distintos observatorios ornitolóxicos con que está dotada esta ruta

CIRCULAR LAGOA DE COSPEITO

  • Duración – 1 Hora
  • Lonxitude – 3,4 Km.
  • Dificultade – Baixa

 Lagoa e Centro de interpretación

museo-aves

Calquera época é boa para visitar a Lagoa e o seu centro de interpretación, pero o outono e o inverno son especialmente interesantes, debido á presenza de aves migratorias do norte de Europa, o centro de interpretación é un edificio que alberga unha serie de paneis e maquetas elaboradas especialmente para unha finalidade pedagóxica.

  • Duración – 2.5 Horas
  • Aprendizaxe Visual
  • Accesibilidade

Miradoiro da Terra Chá

mirador-2

O miradoiro de Cospeito está situado no punto máis alto do núcleo de Cospeito a moi poucos metros de Igrexa da Nosa Señora do Monte, desde o cal se obtén unha panorámica completa da Terra Cha coa lagoa en primeiro plano.

  • Duración – 1/2 Hora
  • Vista da Terra Cha
  • Accesibilidade

Información e Contacto

cospeito-concello

Avda. da Terra Chá, 29

Cospeito – Lugo

Tlf: 982 52 00 01

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies,

ACEPTAR
Aviso de cookies

Pin It on Pinterest

Shares