Select Page

O conxunto arqueolóxico e museístico de Viladonga ocupa todo o cume dun monte desde o que se domina un amplo panorama sobre a Terra Chá lucense e as serras de Monciro e de Pradairo e a de Meira. Está situado no concello de Castro de Rei, provincia de Lugo, a 23 km ao nordeste da capital lucense.

A importancia arqueolóxica e o interese histórico do Castro de Viladonga púxose de relevo por mor das escavacións iniciadas en 1971, tanto pola monumentalidad e diversidade das estruturas descubertas como pola cantidade e calidade dos materiais aparecidos. O xacemento é un exemplo de asentamento destacado, sobre todo entre os séculos II e V d.C., moi importante para o coñecemento, estudo e comprensión do mundo castrexo tras a conquista romana. No castro continúan de forma periódica os traballos arqueolóxicos tanto de escavación como de limpeza e consolidación.

O Museo do Castro de Viladonga abriuse ao publico en novembro de 1986. Dedícase á interpretación e explicación do xacemento e á custodia e exposición dos materiais procedentes das sucesivas escavacións. Está situado entre as dúas últimas murallas ao lado sueste do Castro, moi preto do seu croa.

 O museo é de titularidade estatal e xestionado pola Xunta de Galicia.

Normas de acceso

 

As visitas en grupo convén solicitalas con antelación, tendo en conta a conveniencia de facer subgrupos (preferentemente non superiores a 35/40 persoas), polo espazo dispoñible e para facilitar o aproveitamento didáctico da visita.
Está permitido fotografar e filmar sen trípode e sen flash, para uso particular e cubrindo un formulario de solicitude.Horario

Museo:
Aberto todos os días (excepto 24, 25 e 31 de decembro e 1 e 6 de xaneiro)
De marzo a outubro: de 10 a 20 h.
De novembro a febreiro: de 10 a 19 h.

Castro:
Acceso libre todos os días do ano.

TarifaEntrada gratuíta ao castro e ao museo

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies,

ACEPTAR
Aviso de cookies

Pin It on Pinterest

Shares