Select Page

COSPEITO NATUREZA

NATUREZA

No corazón da Reserva central da Biosfera lucense Terras do Miño, encóntrase o municipio de Cospeito. Este territorio englobado pola conca alta do Río Miño, xunto co seu reborde montañoso periférico foi declarado pola UNESCO no ano 2002 como “Reserva da Biosfera Terras do Miño”. Nesa contorna, alimentadas polo río Guisande da conca do Támoga, “A Lagoa de Cospeito” é un dos ecosistemas hídricos máis importantes de Galicia. Pertence á Red Natura 2000 e foi declarado pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia como “Espazo Natural en Réxime de Protección Xeral”. Inicialmente de 74 ha. visibles dende o miradoiro, alí recalan no seu tránsito migratorio o pato culler, ánade silbón e real, a cerceta, galiña de auga, garza e zarapitos. As súas augas e inmediación tamén acollen anfibios coma os tritóns ou as ras de San Antonio; mexillóns de río, réptiles ou mamíferos como a lontra, ourizo, corzo, xabaril ou esquíos. Lugar de encantamentos e lendas, cóntase a da chegada da Virxe á aldea de Valverde, únicamente atendida por unha familia moi pobre á que colmou de bens; a da alagada vila de Veria, cuxa existencia é un misterio, ou a da Sacra Familia cuxa lezna dun zapateiro se cravou no pé do Neno Xesús, derramando sangue ata asolagar todo o pobo. 

A vexetación arbórea está constituida por pequenos bosques de carballos, bidueiros y salgueiros, de gran importancia para o anidamento de especies coma o ánade real. Asimismo, destaca a presenza dun pequeno cardo (Eryngium viviparum) que tén neste humidal a mellor poboación mundial da especie.

Museo das Aves

Rutas

geo-pin-color

CIRCULAR LAGOA DE COSPEITO

  • Duración – 1 Hora
  • Lonxitude – 3,4 Km.
  • Dificultade – Baixa

PR G 151 LAGOA DE COSPEITO

  • Duración – 4 horas 30 minutos
  • Lonxitude – 14,1 Km.
  • Dificultade – Media

 Lagoa e Interpretación

geo-pin-color

O Centro de Interpretación é un edificio que alberga unha serie de paneis e maquetas elaboradas especialmente para unha finalidade pedagóxica, co que se pretende conectar intelectual e emocionalmente ao visitante co patrimonio natural da Lagoa, estimulando o seu interese para comprometelo coa súa conservación e coidado.

 

  • Duración – 1-2 horas
  • Natureza didáctica
  • Accesibilidade

Museo das Aves

geo-pin-color

O Centro de Interpretación é un edificio que alberga unha serie de paneis e maquetas elaboradas especialmente para unha finalidade pedagóxica, co que se pretende conectar intelectual e emocionalmente ao visitante co patrimonio natural da Lagoa, estimulando o seu interese para comprometelo coa súa conservación e coidado.

  • Duración – 1-2 horas
  • Natureza didáctica
  • Accesibilidade

geo-pin-color

Situada en Sistallo, acolle cada ano a centenares de persoas na celebración da romaría de San Paio celebrada na propia carballeira.

  • Duración – 1/2 horas
  • Natureza didáctica
  • Accesibilidade

Outras Xeolocalizacións Recursos Naturais

Área recreativa de Xustás

geo-pin-color

Área recreativa Ribas do Miño

geo-pin-color

Centro de interpretación

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies,

ACEPTAR
Aviso de cookies

Pin It on Pinterest

Shares