Seleccionar página

CASTRO  DE  VILAPENE.  CONTANDO AS PEGADAS CELTAS

 

Vilapene.

Parroquia do Concello de Cospeito, na Comarca da Terra Chá, aldea pintureira cunha vida tranquila. Como en tódala Comarca, contamos con restos da cultura castrexa,  entre estos o castro de Vilapene, non dispoñemos de datos, pero puido ser habitado no secúlo vI a.c, non quedan apenas vestixios neste momento, o castro quedou soterrado polo tempo e pola man do home. Sitúado no lugar máis elevado da parroquia, estratéxico para a defensa da cominidade castrexa.

Nas miñas lembranzas de cando nena, están as engrobias e ás covas, que servían de saída de emerxencia, aló polos ano de 1966 lembro una casa, mellor dito os seus restos, nela os vecinos facian honrra os difuntos, cando un falecia, a ofrenda era comer pan e queixo na súa memoria, dentro da formación circular de pedra había terra, enriba da mesma poñian palla e unos manteis, e deseguido comíase.

O castro era una pequeña defensa  para ó exército romano. Debido a cristianización da man dos mesmos, foi levantada como en moitos castros a Igrexa de Vilapene, desa maneira as festas paganas, pasaron a ser cristianas. Aquí xace a historia.

Hoxe, en nós , vemos as pegadas celtas, no terreo, na nosa pel branca, ollos claros, seguimos a troulear nas festas a maneira dos nosos antergos.

 

Ana Mar Fraga Rábade.

 

 

VEÑO   CONTARCHE.

Veño dunha aldea  da chaira para contarche,

que alí os ventos zoan mainos e agariman,

onde as lágoas fan de espello onde me vexo,

o bico da herba ten a frescura dos tempos.

Lembro os Irmandiños cando paso ao carón

da torre do Caldaloba, na Pena Branca de Cospeito

agarda a fada das fontes, na fraga de Sapiñeiros miro

como a primeira vez a pedra dos Mouros.

 

Na lágoa de Cospeito sae o camino a lenda do pobo

de Valverde, veño do castro de Vilapene, e sento un

pouco no vello cruceiro, camino Cruz abaixo cara o

río do Fulín, e pouco a pouco chego a Ponte do Bao.

 

Traio no vento, o recendo do trigo do muiño da

Consueliño, da pedra  e do rosmar da vella peneira,

daquela presa chea de troitas, a lembranza do meu

pai, colléndoas a man cando eu era unha nena.

 

Veño dos tempos pasados, de xente de antes, de

cómaros verdes, teño que contarche o asubío dos

homes cando remataban a tarefa ¡ ufaban nas eiras¡

 

Veño de grandes estivas, de fouces segando e de mallas

na eira, do pai cantando, e da avóa levando o compás coas

pernas. Veño da Terra Chá, de suaves lombas, de verdes

prados, de xentes que gardan o frescor dos tempos, traio

o ouveo do lobo nas noites de lúa chea.

 

Ana Mar Fraga Rábade.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies,

ACEPTAR
Aviso de cookies

Pin It on Pinterest

Shares