Seleccionar página

CONTANDO  AS  PEGADAS  CELTAS

Achegandonos a historia. Retrocedemos 5.000 anos ata o Neolítico, para atopar os primeiros protagonistas desta viaxe no tempo da historia Celta na Terra Chá, onde os primeiras comunidades levantaron monumentos megalíticos. Nós os chairegos contamos cunha herdanza valiosa.

A historia da Terra Chá, remonta ata os asentamentos celtas, dispón do maior castro de Galicia, ó de Viladonga, onde podemos ver as pedras máxicas de cuarzo “ seixos “, ainda están presente nas paredes de calquera casa galega antiga.

Turbeiras na serra do Xistral, paisaxe de néboas e brañas, con cultura e identidade propias, tradiccións locais baseadas nas crenzas celtas.

Terra Chá. Berce dos canteiros de megalítico, testemuñas do pasado onde os secúlos saen ao paso, estancados na Idade Media permiten viaxar no tempo, recunchos segredos onde soñar misterios e sons, paisaxes salvaxes, máxicas fragas, ritos e lendas, feiticeiras terras, murmurio das fontes, cheiro a lareira, camino e memoria tapados pola néboa, espertando a terra dunha longa noite de pedra.

Fermosos humedais verten bágoas na alma, onde as lágoas teñen as máis fermosas lendas, sendo as pedras libros escritos que contan a historia, un pobo ten memoria e lembra, terra de castros, cruces de pedra, sol e lúa fantasean pregando polas hordas salvaxes, hoxe orgullo dun pobo Valente, arte na pedra.

Celtas ou canteiros do megalítico, mámoas, dolméns, grandes monumentos, dende a ribeira ata os máis altos cumes, lugares de acubillamentos colectivo “ Terra Chá “ bisbarra do mundo, un bo finai para un longo percorrido. Cada monumento non está feito nun lugar calquera, senón en puntos enerxéticos da terra, a maneira dos do corpo humán.

Se o lector o desexa contaremos todos, e cada un dos monumentos da nosa terra.

 

Ana Mar Fraga Rábade.

CAMIÑOS  DA  CHAIRA

 

Entra viaxeiro por un carreiro estreito,

na Chá dos meus devanceiros,

máxico feitizo que envolve unha néboa,

sombra que vén de lonxe, dos castros e

dos bidueiros, berro dun pobo, golpe de

ferreiro, camino retorto onde a Moura

agarda.

arca feita de bicos de bágoas, feitizos da

Terra, no medio das follas os trasnos esperan.

paisaxe que vai máis aló das lendas, onde

agardan as pegadas dos antigos Celtas.

Galicia atemporai, contos das avóas ao carón

da lareira.

murmurio do vento, que vive na maxia dunha

lenda galega.

noite escura, laio da pedra, pasatempo dun

soño entre auga e herba.

 

Ana Mar Fraga Rábade.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies,

ACEPTAR
Aviso de cookies

Pin It on Pinterest

Shares