CONTANDO AS PEGADAS CELTAS.
CASTRO DE SAN PAIO DE REDOS.
Desexo seguir a contar , que na crenza popular creese que nas entrañas dos montes e dos castros, mora un mundo coma o noso, diferente, cerrado, soterrado, dunha civilización milenaria, gardado polos magos e fadas protexendo as entradas.
San Paio De Redos. Castro que vos achego hoxe, data da Idade do Ferro en Cospeito, del tan solo queda o enclave, sito na parroqia de Sistallo ( Cospeito ), sendo un lugar que convida o recollemento, a capela que hoxe vemos foi reedificada, o lugar orixinal estaba sobre o castro de San Paio de Redos, dentro dunhas superficies aplanadas, ao fronte da capela atopamos a carballeira, lugar de reunión unha vez ao ano dos vecinos e coveciños, manda a tradición que está celebración que organizan os cofadres, o día da comezo coa Misa, ofrendas e pregarias.
Ollando as edificacións dos castros, o maxín lévanos ata aqueles pobos primitivos, protexidos detrás dun foxo, e case sempre dunha muralla de pedra, a pesar dunha complexa rede de parapetos, acharonse poucas armas, o que fai pensar que estas fortificacións tiñan por función demostrar poderío e xerarquia, sempre sitos en lugares verdes e elevados.
A maioria dos vellos lábregos da Comarca, falan dun tesouro soterrado debaixo da capela, e no foxo unha cova de mouros, como tribo máxica. Os castros están situados en lugares de poder enerxéticos e telúricos. Posteriores poboadores deronse conta e contruen no mesmo lugar igrexas e santuarios.
DEUSES E DEUSAS CELTAS
Capas invisibeis, espadas milagreiras, fumoriarios xigantes,
Arte da guerra, pobo Valente, estreito mundo da maxia,
Carballo do mago Merlín.
Doa dun espazo, guerreira celta, perdida nun souto enfeitizado,
Ti que falas baixo cando o aire esperta lembras aquel camino, cando
A chave perde a memoria.
Na linguaxe celta o silencio é labirínto, navío roubado na viaxe dos
Soños, gardado manancial que finxe ser cómplice.
Campo de furnas, pegadas celtas, verxel dos contos.
Ana Mar Fraga Rábde.