CASTRO DE SEIXAS | CONTANDO AS PEGADAS CELTAS.
Case derruido na súa totalidade, os muros conservanse enteiros, a pesar de que nunha parte atópanse tan baixos que posiblemente foran derruidos. No lugar do castro atopamos unha plantación de piñeiros, hai unha parte onde o muro interior foi derruido, parece ser para poder entrar con un carro, o foxo de saída pola entrada do castro foi atacado, dentro del destaca unha pequena pradeira, fica preto dunha fonte coñecida pola “ Fonte do Castro”.
Sendo a Terra Chá o berce onde nace Galicia, testemuña dos secúlos que nos saen o camino, estancados na Idade Media, permiten viaxar no tempo, bulir nos recunchos segredos.
O Universo físico ou imaxinario, faise presente en case todo, dende o mundo antigo ata o presente, poñendo o home na paisaxe, sendo un dominio reai e antropomorfo, non controlado como fénomeno histórico.
Celtas dando homenaxe os mortos e a si mesmos, afincamento mediante a exposición dos mortos, negando a condición mortai e dándolle culto, chegando ata nós. A norte xunguida ó simbolismo e asociada con ela, significan a cultura megalítica, dando continuidade , onde o imaxinario gaña a natureza mesma, conferindo o ser humán unha referencia de si mesmo.
XENTES MAXICAS.
Cando na Terra Chá, un vello fala doutras xentes ou “xentes máxicas”,
Sabemos que falan dos Celtas, prisioneiros dun camino, berro nos beizos,
Horizontes escuros dun misterio, quimeira da vida, noite e sepultura.
Océano de luz e chova nos bosques, cumes milenarias, misterio e conxuro,
Resposta dun contido, reinos con nobres guerreiros, donos das espadas, danza
De deuses, música enfeitizada, desexo dun silencio perdido no megalítico,
Versos rotos que senten a maxia dunha cantiga.
Ana Mar Fraga Rábade.