Seleccionar página

CONTANDO AS PEGADAS CELTAS.

CASTRO   DE  TÁMOGA  OU  DO  TORRILLÓN.

Os vellos deuses pousados no noso maxín, misterio que envolve os restos agachados da nosa Comarca da Terra Chá. O noso pasado castrexo como herdo, é tamén cultura do presente dende o paleolítico, poderes señoriais inzaron a chaira de castelos, e casas fidalgas derrubadas tralas revoltas Irmandiñas do século XV.

Terra Chá de lonxanos poboadores e ciudades mergulladas.

A idade do ferro é unha das etapas máis importantes da arqueoloxia galega, ,e coñecida como cultura castrexa.

CASTRO DE O TORRILLÓN-serviu de emprazamento a torre do mesmo nome, derruida tralo levantamento Irmandiño no último tercio do século XV. No XX ainda se podían ver os vestixios dos foxos, hoxe desaparecidos polas tarefas de cultivo.

Na alborada pregamos  para que reviva unha música milenaria, hora celta, procesións sagradas, rezo ancestrai dos bravos guerreiros da loita do Medullo, druida cantiga, soño e sombras, fol e gaita.

Vestixios esquecidos, complicidade da natureza no seu camuflaxe, Galicia soterrada, segredos do pasado, arqueoloxia da dor que nos conta con esperanza a historia da humanidade na pedra, figuras antropomorfas na soedade do monte, mutación dun mundo agochado no medio das pedras, niños acubillados dos mouros, testemuñas da súa presenza.

FILLOS   DO   VENTO.

Deron a Galicia vida enteira, galegos dos celtas,

duras terras, raigame, orgullo na loita, música,

poesía e filosofía, lúa con memoria, canteiros

do megalítico, tempo apaixoante de misterios,

xermen da nosa cultura, murmurio do vento

nun son que enfeitiza, noites máxicas.

 

Rosa dos druidas, na cruz dun principio reino

espiritual, quebrada nun alento, nunha pequeña

cova fonda e escura como a noite, en terra

neboenta, sen vento e por teito as raíces das

árbores.

 

Murallas de pedra, zoar dun vento xeado, lembrar

os castros celtas, máxica espada da verdade, liberdade

nas mans, sol e bágoas,guerras e guerreiros, soños que

espertan ás fadas.

 

A máis fermosa rosa sen dono, descansa na música dun

arado rachando a terra.

vella fala das pedras, cando a corda dun arpa recolle

unha bágoa celta do ceo.

 

 

Ana Mar Fraga Rábde.

 

 

 

 

 

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies,

ACEPTAR
Aviso de cookies

Pin It on Pinterest

Shares