MANCOMUNIDADE
PATRIMONIO
Aínda que existen indicios da existencia de poboadores neste Municipio desde el Paleolítico (na zona de Silvarrei localizouse un bifaz de tipo Achelense), as primeras pegadas importantes do pasado histórico de Outeiro de Rei remóntanse ao período megalítico (4.000-2.000 a.C.). A gran abundancia de mámoas localizadas no seu termo, entre as que destacan a Medorra da Pedra Dereita en Martul, así como os enxovais achados en ditos monumentos funerarios (conservados na actualidade en museos e coleccións privadas) e os gravados rupestres ou petroglifos esparexidos polos seus montes, poñen de manifiesto a presenza durante esta etapa dunha poboación bastante numerosa e activa.
Desde entón e ata a actualidade coas referencias bibliográficas e arqueolóxicas existentes, resulta lóxico pensar que este lugar estivo continuamente habitado. Primeiro, pola poboacion castreña (800 a.C.-100 d.C.), sendo varios os castros catalogados neste Concello, todos eles sen escavar e entre os que se encontra o Castro de Candai, ubicado nos límites das parroquias de Aspai y Candai.
Máis tarde, polos romanos (60 a.C.- 410 d.C.), os cales se supón chegarían aquí pouco despois de fundar a cidade de Lugo (25-20 a.C.) bautizando este lugar, dacordo á maioría dos historiadores e fontes clásicas consultadas, co nome de Octodorum (pola que pasaba a vía romana XX, Braga-Astorga). Pero é sen dúbida o período medieval (s. VIII-XV), tras a invasión árabe e posterior reconquista dos territorios da provincia de Lugo da man del bispo lucense Odoario, territorios entre os que estaban as parroquias de Silvarrei, Cela y Parada, no que este municipio viviu o seu máximo esplendor.
Na parroquia de Gaioso atopamos dentro da espazosa área recreativa de Penas de Rodas, dúas orixinais moles graníticas que desde o seu elevado emprazamento (619 m.) dominan unha ampla panorámica da chaira. Estas moles son o resultado dunha erosión diferencial e ao redor delas a fantasía popular creou numerosas lendas. A máis estendida é aquela que afirma que no interior dunha das pedras hai ouro, que sería para o primeiro que lograse rompela.
- Tiempo: 1-2 horas
- Accesibilidade
- Patrimonio Singular
- Restaurante Preto
A casa-Museo Manuel María acolle e expón ao público visitante todo o legado persoal, artístico e bibliográfico da que quizais sexa a voz literaria máis prolífica e dinámica da segunda metade do século XX: a súa biblioteca persoal -composta de máis de 12.000 volumes que a converten nunha das mellores coleccións particulares do libro galego e sobre Galicia -, a famosa colección de navallas do poeta, unha colección de pinturas con obras dalgúns dos máis importantes pintores galegos contemporáneos (Castelao, Maside, Laxeiro, Abelenda, Sucasas, Lugrís, Seoane, Leandro, Blas Lourés…).
- Tiempo: 1-2 horas
- Accesibilidade
- Casa Museo
- Restaurante Preto
Levantada no s. XV por Fernán Pérez de Ribadeneira, tivo que ser reconstruída tras ser derrubada en 1467 polos irmandiños; presenta na actualidade un estado de conservación deficiente. A torre, fabricada con mampostería de lousa, é de forma cadrada e mide 9,35 metros de lado e 15 metros de altura. Presenta tres corpos ou pisos, así como xanelas de granito e outrora unha porta, tamén de pedra granítica, que sen dúbida poñía en comunicación a torre co palacio de Sobrada
- Tiempo: 1 hora
- Accesibilidade
- Patrimonio Medieval
- Restaurante Preto
Primitivo solar dos Saavedra, do que hoxe só resta en pé unha torre incompleta, en estado ruinoso, parcialmente cuberta de maleza. Presenta unha forma de pirámide truncada de base cadrada, ou case; fábrica en cachotería de lousa e chea ata un tercio de altura, aproximadamente, de cascallos. Presenta na fachada S.O. cunha única porta de acceso, que corresponde á desaparecida ponte levadiza, mentres que na parte alta S.E. hai unha pequena fiestra con lintel triangular de granito.
- Tiempo: 1 hora
- Accesibilidade
- Patrimonio Medieval
- Restaurante Preto