Visitar calquera das tres casas de turismo rural localizadas no municipio, permitirá ao visitante gozar dunha rica gastronomía propia da zona, de actividades de lecer en contacto coa natureza e se así o desexan, dun seguro merecido descanso.
Varios establecementos máis de hostalería, esparexidos pola xeografía municipal, darán fe da hospitalidade das súas xentes e dos importantes recursos culinarios.
O centro atópase situado no lugar de Bravos, pertencente á parroquia de Vicinte. A visita a este centro permite ao visitante un percorrido a través do cal poderá facerse unha idea da riqueza avícola dos cinco continentes, facendo especial fincapé na fauna autóctona galega. No Centro exhíbense aproximadamente 200 especies de aves. Situado en San Martín de Guillar, Outeiro de Rei, trátase dun amplo espazo natural dedicado aos animais, onde poderemos relaxarnos e pasear observando unha ampla variedade de especies en réxime de semilibertad.
Cebras, bisontes, chamas, canguros, renos e moitos máis animais nunha contorna de gran beleza e encanto.
Situada en Outeiro de Rei, á beira da Casa Consistorial, a casa-Museo Manuel María alberga e expón ao público visitante todo o legado persoal, artístico e bibliográfico da que quizais sexa a voz literaria máis prolífica e dinámica da segunda metade do século XX: a súa biblioteca persoal -composta de máis de 12.000 volumes que a converten nunha das mellores coleccións particulares do libro galego e sobre Galicia -, a famosa colección de navallas do poeta, unha colección de pinturas con obras dalgúns dos máis importantes pintores galegos contemporáneos (Castelao, Maside, Laxeiro, Abelenda, Sucasas, Lugrís, Seoane, Leandro, Blas Lourés…)