Select Page

ABADÍN SERVIZOS

SERVIZOS

O concello de Abadín é un dos municipios chairegos polos que atravesa o Camiño Norte, cun trazado que discorre pola ladeira do monte Pena dá Roca ata chegar a Xesta. Alí, o lugar de Galgao é coñecido pola ermida de San Cosme dá Montaña, un lugar de culto onde cada 27 de setembro celébrase unha multitudinaria romaría. Na súa fachada pódese ver unha cuncha que convida a virar á esquerda por un camiño que cruza a Nacional-634 para chegar a Gonzán, onde se atopa o albergue de peregrinos e varios servizos, como bares, farmacia e un pequeno supermercado. Gontán mantén dúas feiras ó mes, o primeiro e o terceiro sábado, ademáis de contar con grandes citas anuais como Expogrelo ou a Feira de Santos que é o primeiro sábado de novembro desde hai máis de dous séculos. O 13 de maio celébrase a festa en honra da Virxe de Fátima, patroa da capela do barrio. A parte central da praza está ocupada por un edificio acristalado que outrora se dedicaba á feira de porcino e hoxe aparece reconvertido en feira de produtos da horta. Comparte espazo cunha nave de gando vacún remodelada ao carón e un novo galpón para a comercialización de porcos ao outro. En fronte sitúase o lugar no que nas feiras se degusta o saboroso polbo. A área recreativa é outro dos emblemas do barrio. Moi coidada, como a zona máis urbana, foi acondicionada hai poucos anos.

Aloxamentos

geo-pin-color

Gastronomía

geo-pin-color

Saúde

geo-pin-color

Feiras

geo-pin-color

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies,

ACEPTAR
Aviso de cookies

Pin It on Pinterest

Shares