Select Page

De Gontán a Abadín unha forte subida lévanos próxima á estrada N-634, entramos a esta poboación polo campo da feira e o grupo escolar. Entramos na Terra Chá.

Á saída de Abadín unha pista que sae á dereita da estrada sobe ata Fernandaño, continuamos deixando ao noso lado Torre. Iniciamos un considerable descenso que nos conduce a Santa María de Abadín e continúa ata cruzar o río Abadín, subindo a continuación a Ponterroxal por unha senda cun marcado desnivel, desde alí, por medio dunha pista en ascenso, chegamos a O Rei, e tras del a Prazas, a partir de aí iniciamos o descenso, entre pistas e carreiros, pasamos xunto á aldea de O Francés e descendemos ata cruzar o río Arnela, tras o cal subimos ata alcanzar San Xoan de Castromaior, descendemos para atravesar o rio de Santa Baia e máis tarde o de Leiras para atravesar a estrada á altura de Martiñán.

Descendemos ata cruzar o río Batán e un suave e continuo ascenso a través de pistas, pouco antes de alcanzar a aldea de Fontao viraremos á dereita para pasar xunto a ela, dirixíndonos aos poucos a través de tranquilas pistas asfaltadas, de novo, á estrada, para alcanzar Goiriz, xunto á igrexa de Santiago e a capela de Fátima.

Saímos de Goiriz seguindo a estrada ata que a uns cincocentos metros sae unha pista á dereita desta que nos conduce á parroquia das Casas Novas e, ao seu termo, á esquerda, tomamos unha pista asfaltada que se dirixe ao Polígono Industrial de Sete Pontes, tras deixalo atrás sortearemos as rotondas de incorporación á estrada e tomaremos unha pista que nos introducirá en Vilalba a través da subestación eléctrica.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies,

ACEPTAR
Aviso de cookies

Pin It on Pinterest

Shares