Select Page

A Lei 9/2001, do 21 de agosto, de Conservación da Natureza (DOG nº 171, do 4 de setembro de 2001), no seu Título I, “Dos espazos naturais”, define con carácter xeral os espazos naturais que deben ser considerados merecedores dunha protección especial, regulando o seu procedemento de declaración e dispón un réxime xeral de protección, prevendo a posibilidade de establecer réximes de protección preventiva. A Lei considera oito tipo de espazos naturais, incluíndo dentro da categoría de Zonas de especial protección dos valores naturais, as zonas especiais de conservación que conforman a Rede Natura 2000, creadas ao amparo das directivas DC 92/43/CEE e DC 79/409, e que non posúan outra figura de protección das establecidas nesta lei. A Lei de Conservación da Natureza establece, en concordancia coa lexislación estatal, como instrumentos específicos de ordenación ambiental os Plans de Ordenación dos Recursos Naturais, os Plans Reitor de Uso e Xestión e os Plans de Conservación. A inclusión e declaración do LIC Parga-Ladra-Támoga como candidato a forma parte da Rede Natura 2000, tivo por obxecto protexer a integridade dos seus ecosistemas, contribuír á protección, recuperación, fomento e difusión dos seus valores culturais, facilitar o coñecemento e o goce dos cidadáns, promover un desenvolvemento social, económico e cultural para comunidades do seu ámbito territorial, e achegar ao patrimonio nacional, europeo e mundial unha mostra representativa de diversos tipos de humidais lacunares, aluviales e riparios, xunto cun importante elenco de especies acuáticas e hidrófitas. A finalidade do presente plan é a de establecer un modelo de xestión que contribúa a alcanzar os obxectivos de conservación e ordenación do Espazo Natural Parga-Ladra-Támoga de acordo cos criterios establecidos nas normativas que rexen a xestión dos Espazos Naturais e da Biodiversidade, a nivel comunitario, nacional e autonómico.

O Espazo Natural Parga-Ladra-Támoga (ES1120003) ocupa unha superficie de máis de 4.900 ha, incluídas na provincia de Lugo e distribuída entre os termos municipais de: Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Friol, Guitiriz, Lugo, Outeiro de Rei, Rábade, Vilalba e Xermade, termos municipais que en conxunto constitúen a Zona de influencia socio-económica do presente plan, mentres que desde o ámbito da análise e valoración dos compoñentes de medio físico e biótico que inciden no Espazo Natural Parga-Ladra-Támoga, utilizouse como unidade ambiental de referencia a Conca Alta do río Miño ou Alto Miño. O Espazo Natural Parga-Ladra-Támoga inclúe os tramos fluviais de maior orde xerárquica presentes na zona media e baixa da Conca Alta do río Miño, estendéndose desde os cursos fluviais por pequenas superficies configuradas por diversos tipos de humidais, bosques mesófilos e paisaxes agrícolas tradicionais.

descarga             descarga-1      descarga-2

  • Duración – 6-8 Horas
  • ZEC – Red natura 2000
  • Accesibilidade

MUNICIPIOS E SUPERFICIES

  • Abadín LU 17,1 0,3
  • Begonte LU 1325,3 26,8
  • Castro de Rei LU 118,5 2,4
  • Cospeito LU 982,7 19,9
  • Friol LU 37,6 0,8
  • Guitiriz LU 276,9 5,6
  • Lugo LU 271,3 5,5
  • Outeiro de Rei LU 418,9 8,5
  • Rábade LU 18,5 0,4
  • Vilalba LU 869,0 17,6
  • Xermade LU 602,6 12,2 Total 4938,3

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies,

ACEPTAR
Aviso de cookies

Pin It on Pinterest

Shares