Select Page

A PASTORIZA NATUREZA

NATUREZA

A riqueza natural de Pastoriza é enorme, destacar entre moitas delas as que vos describimos a continuación,CROAS (REIGOSA): Atopouse hai 33 anos, é un monumento funerario con forma humana da época romana. Hoxe atópase no museo provincial de Lugo. BRETOÑA : Hai restos da antiga basílica e das sepulturas paleocristianas. Trátase dunha igrexa de tres naves e ten moitas inscricións, unha delas é do século IX e fai referencia á consagración do antigo templo en honra de Santa María Nai da Paz. En San Cosme da Castiñeira, unha capela dedicada a ese santo. A festividade é o 27 de setembro. SALDANXE , capela de San Isidro e fonte milagrosa do santo, é de propiedade privada. FONMIÑÁ ( NACEMENTO DO MIÑO ) Nestas terras nace o río Miño, un dos máis emblemáticos e caudalosos de Galicia , a fonte tén aproximadamente 350 metros cadrados, hai un grupo escultórico do “Deus Breogán” feito por Magín Picallo e Manuel Mallo no ano 1969. e un cruceiro. A contorna convida á practica do sendeirismo, a bicicleta de montaña e aos paseos dacabalo. ALTAR: ( Capela de San Xulián) : está á beira dunha fonte milagrosa que cura moitas dores. A capela foi feita ao comezo do século XX cos restos da antiga igrexa de Vilar en Pousada. En Baltar tamén nos atopamos ou Castro de Sá e a cova á beira do Miño, hai tamén unha área recreativa á beira deste río, e un paseo ata os muíños de Anllo. No túnel que leva ao auga ata estes muíños estiveron escondidos moitos republicanos durante a guerra civil.

.

geo-pin-color

ruta-linea50

PR-G153 Augas de Fomiñá

Ano Homologación: 2011 Accesos: Pola N-640 tomar o desvío cara a Fomiñá (O Salvador) pola LU-3001. Lonxitude 12’6 km. Punto partida / chegada: Fomiñá (O Salvador) / Baltar. Recorrido: Área Recreativa de Fomiñá, beiras do río Miño, Igrexa de San Salvador de Crecente, Castro de Sa, Área Recreativa de Baltar. Dificultade: Baixa. Duración estimada: 4 horas y 15 minutos.

  • Duración – 4 Horas
  • Lonxitude – 12.6 Km.
  • Dificultade – Media

geo-pin-color

Pouco máis abaixo de Meira, no veciño Municipio da Pastoriza atópase a Lagoa de Fonmiñá. Nesta pequena lagoa de 350 m2, de orixe Kárstico, emerxen as augas subterráneas de mananciais que descenden da montaña, aflorando á superficie as primeiras augas do río Miño. Xunto ó manancial, para corroborar o nacemento do “río pai” de Galicia, existe un conxunto escultórico dedicado ao “Deus Breogán”, feito por Magín Picallo e Manuel Mallo en 1969

 

  • Duración – 1-2 Horas
  • Recurso Natural
  • Accesibilidade
  • Comer Preto

geo-pin-color

Nun espazo natural inigualable atópase o cruceiro, situado no cume dos montes coñecidos co nome de “A Farrapa” e no punto denominado “O Fiouco” é moi orixinal pola súa edificación e pola contorna que o rodea. Parece servir de marco ou límite entre as parroquias de San Bartolomé de Cadavedo (Pastoriza) e a de San Pedro de Argomoso (Mondoñedo) e tén unhas vistas espectaculares.

item

 

  • Duración – 2-3 Horas
  • Recurso Natural
  • Comer Preto
  • Accesibilidade

geo-pin-color

Cada ano desde 1976, o Campo do Oso (Mondoñedo, Lugo) é o escenario da «Rapa das Bestas», un rito ancestral e o primeiro que abre os distintos curros que se celebran en Galicia. Trátase dun dos costumes máis lonxevos de toda a Comunidade galega, no que home e cabalo rematan por medir o seu poderío nunha loita corpo a corpo.

  • Duración – 6-8 Horas
  • Recurso Natural
  • Comer Preto
  • Accesibilidade

Outras Xeolocalizacións Naturais na Pastoriza

geo-pin-color

.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies,

ACEPTAR
Aviso de cookies

Pin It on Pinterest

Shares