MANCOMUNIDADE
PATRIMONIO
Aínda que diferentes vestixios arqueolóxicos demostran a existencia de asentamentos humanos primitivos, unha das épocas máis relevantes deste municipio circunscríbese á actual parroquia de Bretoña, no século V. Diversos autores defenden a existencia nesta zona dunha sociedade cristiá procedente da Bretaña. Crese que foron eles os que fundaron un bispado bretón. Na baixa Idade Media, estas terras foron propiedade do cabido mindioniense, dos mosteiros de Meira e Lourenzá e do conde de Lemos. No século XIX destaca a cruenta batalla que os pastoricenses protagonizaron contra as tropas de Napoleón na serra de Carracedo.
O patrimonio artístico da Pastoriza destaca polos seus numerosos cruceiros, capelas e igrexas rurais que salpican todo o termo municipal. O templo de Bretoña considérase berce da diocese de Mondoñedo-Ferrol, porque foi a antiga sede episcopal Britoniensis ata o século VIII. Na lagoa de Fonmiñá, nacemento do río Miño, hai un monumento e un cruceiro, obras de Paz Picallo e Manuel Maio, respectivamente.
No castro de Saa, desde a croa (parte máis elevada do castro), divísase unha panorámica de 360º da contorna. Destacar que baixo o castro existe unha misteriosa gruta que posiblemente serviu de refuxio aos seus habitantes.
- Duración – 2 Horas
- Castros
- Accesibilidade
Patrimonio Religioso
Pastoriza ofrece unha excelente mostra de patrimonio relixioso con varias igrexas, capelas e cruceiros, nalgunhas delas a torre-campanario confírelles un aspecto aéreo. Nos seus retablos danse cita varias mostras da imaxinería barroca que aposta polo gusto e a tradición local.
- Duración – 2 Horas
- Patrimonio Relixioso
- Accesibilidade
- Duración – 2 Horas
- Patrimonio arqueolóxico
- Accesibilidade