MANCOMUNIDADE
NATUREZA
Entre as abundantes actividades de lecer pódese facer sendeirismo polos múltiples carreiros e camiños do municipio; tamén pasa por Abadín a ruta da costa do Camiño de Santiago. No campo da artesanía o máis típico son as colchas e mantas tecidas, tamén destaca o traballo dos metais. No aspecto turístico, neste concello pódese subliñar o gran potencial paisaxístico e ecolóxico das serras de Cadramón e do Xistral, que son reservas naturais protexidas, reunindo condicións inmellorables para o sendeirismo e para o turismo verde en xeral. Tamén se pode practicar a pesca deportiva no río Támoga ou a caza maior na Corda de Neda. Ademais, hai unha área recreativa en Gontán, outra en Moncelos e outra en Arnela-Catromaior, nas que se pode pasar unha xornada sosegada en contacto coa natureza. Tamén merece a pena visitar a Fraga Vella. Nas rutas, ademáis de sendeirismo, hai que sinalar o Camiño de Santiago, ruta do norte, que penetra procedente de Mondoñedo por Samordás, e vai paralelo á N-634, ata Abadin e desde alí ata Mariñán-Villalba
Dá un paseo
É a ruta máis curta da rede de sendeiros da Terra Chá con só 5,7 km que transcorren polo interior dunha fraga, unindo no seu percorrido cinco muíños de auga construídos ao longo do río da Fraga. Ten un trazado lineal que comeza no Lugar dá Laxe, xunto ao muíño restaurado de Corvite. Neste tramo o camiño segue paralelo á canle do río Anllo cuberto por un bosque de ribeira. Logo cruza a estrada e discorre por un antigo camiño de carros que daba servizo á intensa actividade que se desenvolveu neste pequeno río
Ruta PR-G 152 - Ruta dos Muiños
- Duración – 1-2 Hora
- Lonxitude – 5,7 Km.
- Dificultade – Media
Entramos na Terra Chá, unha comarca lucense que, como o seu nome galego ben indica, se caracteriza por un trazado chairo repleto de prados e pasteiros. Abadín abandónase xunto á oficina de correos e continuamos por unha pista, bastante ancha, ata coller un camiño a man dereita que se interna entre carballos e cruza unha ponte de madeira. Unha pequena subida devólvenos a unha pista asfaltada con longas rectas que alternaremos con algún camiño máis sombrío ata chegar a Martiñán, onde cruzaremos a N-634. Máis adiante pasaremos por Pontevella de Martiñán, a primeira das pontes características da Terra Chá.
- Duración – 12-15 horas tramo completo
- Lonxitude – 22 Km.
- Dificultade – Media
A área recreativa de Gontán está situada á beira do río Labrada ao seu paso polo núcleo de Gontán. Conta cun merendeiro e unha praia fluvial acondicionada cunha chaira de cemento para facilitar o baño. Enmárcase nunha contorna de vexetación de ribeira, con carballos, bidueiros, alisos e salgueiros, entre outras árbores.
- Duración – Pasar o día
- Área Recreativa
- Comer preto
O intenso aproveitamento eólico desta pequena cordilleira de interposición entre a costa cantábrica e os interiores da Terra Chá delata a presenza constante do vento. Entre eles a xistra, ese golpe de vento húmido y xélido que aquí barre os cumios sen máis amparo ca roca espida dalgúns picos.
O macizo setentrional está formado polo Xistral co punto máis elevado no Cadramón (1.062 m), os montes da Toxiza (832 m) e os da Carba (908 m)
- Duración – Pasar o día
- Espazo Natural
- Comer Preto