MANCOMUNIDADE
NATUREZA
Castro de Rei tén lugares pracenteiros e tranquilos para o paseo como é a zona do clube fluvial, que se encontra á beira do río Azúmara xa nas aforas. En datas estivais un pode bañarse nas sosegadas augas coas que o río nos obsequia. Ademáis, un pode achegarse á parroquia de Triabá por pistas da concentración parcelaria que cruzan o lugar de Matodoso para admirar finalmente un dos últimos sitios do río cos que conta o concello, que é moi emblemático dende el punto de vista hidrolóxico chairego. O propio río Miño, nesta parroquia, diverxe en dous ramais e volve a converxir ós poucos metros. Na isla que forma este río cando diverxe, existe unha zona recreativa desde a que se pode admirar a beleza do manso transcurrir das augas. É a zona recreativa de Triabá. Un pouco despois deste evento natural chégase ó lugar de Vaxunga. Este punto alcanzarémolo seguindo a pé o curso do río a favor da corrente. Pero seguindo a ruta comarcal, despois de Castro Riberas de Lea, a natureza volve a sorprendernos con outros dos sete humedaies da Terra Chá: a lagoa de Caque que, agochada entra a vexetación arbórea, pódese visitar a pé ou en bicicleta, dirixíndose cara a un carreiro que sale da marxe dereita da estrada. Cun pouco de sentido perceptivo poderase deleitar con todo un documental sobre a vida lacustre desde o observatorio preparado para iso.
Rutas de sendeirismo
Ruta do Azúmara
Senda lineal que se percorre máis facilmente comezando desde o Museo Arqueolóxico do Castro de Viladonga, circunstancia que debe ser aproveitada para visitar unha das referencias da vida castrexa en Galicia. Desde aquí, descenderemos gozando dunha espectacular panorámica da Terra Chá pouco a pouco o bosque de bidueiros e alisos cubriranos ata chegar ao Lugar de Monelos, onde poderemos contemplar un fenomenal conxunto de arquitectura civil composto polo Pazo de Fontexón.
- Duración – 3 Horas
- Lonxitude – 7 Km.
- Dificultade – Baixa
A Lagoa de Caque está no corazón da Terra Chá lucense que, como outras en la zona, é rica pola súa diversidade tanto en flora como en fauna sobre todo ornitolóxica. Hai un miradoiro para contemplar ás aves na súa vida diaria, é un ecosistema singular e, sen dúbida, de gran interese ecolóxico debido á flora e fauna do lugar, aquí habitan máis de 100 especies protexidas. Centrándonos na súa vexetación, destacan os nenúfares, xunqueiras e espadanas, amieiros, salgueiros, bidueiros ou carballos.
- Duración – 2 horas
- Recurso Natural | Observatorio
- Accesibilidade
Desde Quintela, collendo a estrada local que se dirixe cara á parroquia de Bazar, pódese observar a tarefa dun muiñeiro a man dereita. O lugar chámase Veiga de Acea y o muíño funciona da mesma maneira que fai máis dun século. Ó seu dono, ademáis de cuidalo con moita atención, gústalle dar boa acollida e conversa ós seus visitantes.
- Duración – 1 hora
- Recurso Natural
- Accesibilidade
- Duración – 1 hora
- Recurso Natural
- Accesibilidade