Select Page

CASTRO DE REI PATRIMONIO

PATRIMONIO

Castro de Rei tén unha oferta continua durante todo o ano. As rutas de sendeirismo do río Azúmara e a de Escrita teñen un gran atractivo para os afeccionados a esta actividade deportiva. Durante a época estival, a área recreativa do río e as piscinas municipais son algunhas das zonas máis demandadas no municipio. Ademáis a feira de Castro Ribeiras de Lea que se celebra todos os mércores e a de Castro de Rei son un importante complemento turístico e gastronómico. A de Castro Ribeiras de Lea é unha das feiras que máis visitas tén de toda a provincia. Conta con postos de artesanía e un mercadillo, pero tamén ofrece a oportunidade de degustar un exquisito polbo. Estamos a falar de centenares de persoas que durante os meses de verán visitan a localidade. O mercado gandeiro de Castro constitúe un afluente de público moi importante porque é o terceiro mercado nacional de importancia na comunidade autónoma galega, xunto co de Silleda, en Lalín, e o de Amio, en Santiago. As rutas de sendeirismo do río Azúmara e a de Escrita teñen un gran atractivo para os afeccionados a esta actividade deportiva. 

 

geo-pin-color

aerea-viladonga

A importancia arqueolóxica e o interese histórico do Castro de Viladonga, así como a cantidade e calidade dos materiais aparecidos nas escavacións feitas aquí desde 1972, e a necesidade de investigalos e expoñelos no seu propio contexto, fixeron que en 1983 o Ministerio de Cultura crease o MUSEO DO CASTRO DE VILADONGA

  • Duración Visita: 1-2 Horas
  • Patrimonio Histórico Catalogado
  • Accesibilidade

geo-pin-color

puente-castro

Pequena ponte de cachotería de lousa, cun arco de medio punto e calzada de pedra, situada sobre o río Lanuxe. Non se sabe con exactitude a época na que foi construída, pois a pesar de que é coñecida como ponte romana, algúns autores si a recoñecen como tal pero outros afirman que é medieval, aínda que de orixe romana

  • Duración Visita: 1/2 hora
  • Patrimonio Histórico
  • Accesibilidade

geo-pin-color

aereo-castro

Como curiosidade entre outras cousas Rozas dispón de dous hangares no aeródromo, o hangar principal é un dos tres que orixinalmente instalou o exército alemán o século pasado. Constitúe unha magnífica obra “viva” de enxeñería. En total suman aproximadamente 3.000 m2. Isto fai posible que todos os avións con base en Rozas estean hangarados

  • Duración Visita: 1-2 Horas
  • Ben Singular
  • Accesibilidad
  • Inclúe restaurante (Casa Pedreiro)

Outros elementos patrimoniais

geo-pin-color

Parroquial de Santa María de Duancos

Parroquial de San Pedro de Bendía

Iglesia Parroquial de Santa Comba de Orizón

Iglesia Parroquial de Santiago de Mondriz

.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies,

ACEPTAR
Aviso de cookies

Pin It on Pinterest

Shares