Select Page

COSPEITO PATRIMONIO

PATRIMONIO

No corazón da Reserva central da Biosfera lucense Terras do Miño, encóntrase o municipio de Cospeito. Este territorio englobado pola conca alta do Río Miño, xunto co seu reborde montañoso periférico foi declarado pola UNESCO no ano 2002 como “Reserva da Biosfera Terras do Miño”. Nesa contorna, alimentadas polo río Guisande da conca do Támoga, “A Lagoa de Cospeito” é un dos ecosistemas hídricos máis importantes de Galicia. Pertence á Red Natura 2000 e foi declarado pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia como “Espazo Natural en Réxime de Protección Xeral”. Inicialmente de 74 ha. visibles dende o miradoiro, alí recalan no seu tránsito migratorio o pato culler, ánade silbón e real, a cerceta, galiña de auga, garza e zarapitos. As súas augas e inmediación tamén acollen anfibios coma os tritóns ou as ras de San Antonio; mexillóns de río, réptiles ou mamíferos como a lontra, ourizo, corzo, xabaril ou esquíos. Lugar de encantamentos e lendas, cóntase a da chegada da Virxe á aldea de Valverde, únicamente atendida por unha familia moi pobre á que colmou de bens; a da alagada vila de Veria, cuxa existencia é un misterio, ou a da Sacra Familia cuxa lezna dun zapateiro se cravou no pé do Neno Xesús, derramando sangue ata asolagar todo o pobo. 

A vexetación arbórea está constituida por pequenos bosques de carballos, bidueiros y salgueiros, de gran importancia para o anidamento de especies coma o ánade real. Asimismo, destaca a presenza dun pequeno cardo (Eryngium viviparum) que tén neste humidal a mellor poboación mundial da especie.

Arte Funerario

Restos Arqueolóxicos

geo-pin-color

Castro en Sistallo
Castro de San Vicente
Castro de Teixeiro
Castro de Torre
Castro Vila do Castro
Castro de Seixas
Castro da Engrobias
Castro da Pena
Castro de Goá
Alto de Castro
Castro de Pacio

Capela Nosa Señora do Monte

geo-pin-color

Construción antiga que sufriu sucesivas reformas, sendo a máis importante en 1738 coa construción do cruceiro. De planta rectangular con dous alpendres a cada lado, fabricada en mampostería de granito e pizarra.

rutas_cospeitoarqrelixiosa

  • Tempo Visita 1 hora
  • Accesibilidade
  • Patrimonio Histórico

Pazo de Sistallo

geo-pin-color

Pazo enfrontado á porta, a certa distancia desta. Leira con xardíns e con especies de plantas de todas as partes do mundo. Fermosa fonte de granito sobre a que destaca unha figura de matrona sostendo unha lenda.

Pazo do Sistallo

  • Tempo Visita 1 hora
  • Accesibilidade
  • Patrimonio Histórico

Torre de Caldaloba

geo-pin-color

A Torre de Caldaloba, son os restos dunha antiga fortaleza de orixe medieval, esta edificación está considerada desde o ano 1994 como un Ben de Interese Cultural dentro do catálogo de monumentos do patrimonio histórico de España

caldaloba

  • Tempo Visita 1-2 horas
  • Accesibilidade
  • Patrimonio Histórico

Outras xeolocalizacións e info de Patrimonio

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies,

ACEPTAR
Aviso de cookies

Pin It on Pinterest

Shares