
A “Rapa das bestas” que se vén celebrando anualmente desde 1969 coincidindo co último domingo de xuño, nun marco incomparable de gran beleza paisaxística, nas alturas do monte de Campo do Oso, situado entre as parroquias de Santa María de Bretoña (A Pastoriza) e Santa María Maior (Mondoñedo), en cuxa contorna existen numerosas mandas de cabalos salvaxes. O día da rapa, desde temperás horas da mañá os mozos reúnen gran número de cabalos salvaxes e no medio de gran expectación selecciónanos e aprésanos, e posteriormente márcanos a lume e córtanlles as crines. Normalmente protagonízanse vistosas pelexas, xa que se trata de cabalos que se sacan do seu hábitat natural e encérranse nos curros privándoos da liberdade á que están afeitos. Pola tarde teñen lugar o sorteo dun cabalo e unha emocionante carreira de cabalos, terminando o día cunha verbena popular ata altas horas da madrugada.

Os veciños cooperan nunha cita que este ano incluirá loita de garañóns, os machos que mandan nas mandas. Condicionado polas néboas, os gandeiros reunirán o sábado ás reses nas proximidades do curro. Cando a visibilidade o permita, pola mañá irán a por elas e conduciranas a un recinto valado. Corpo a corpo, gandeiros de diferentes idades derrubarán ás reses para cortarlles as crinas e marcar ás que naceron durante os últimos meses.