MANCOMUNIDADE
NATUREZA
Os recursos naturais de Outeiro de Rei son moi abundantes, algúns deles forman parte do LIC Parga -Ladra – Támoga e da zona núcleo da reserva da biosfera Terras do Miño. Neles practícase a pesca e co bo tempo, é frecuente ver familias e grupos de amigos que usan estes fermosos e singulares paraxes como lugar de esparexemento e baño.
Un destes espazos naturais localízase a capela de Santa Isabel, un fermoso muíño, bo representante da arquitectura popular vinculada aos ríos e á praia fluvial de Santa Isabel.
Outros por exemplo son “as Insuas”, a de maior tamaño é a Insua de San Roque. Trátase da illa máis grande do curso alto do Miño. Esta illa constitúe unha área representativa dos humidais da Terra Chá e xunto á Insua de Trabanca e a Insua de Santa Mariña ou de Baixo conforma as chamadas Insuas do Miño. Citar tamén a Insua de Arriba ou de Seivane na parroquia de San Xoan de Parada, á que se accede facilmente a través da ponte colgante situada na marxe dereita do río Miño. Esta fermosa illa era practicamente descoñecida, pois está situada nunha zona na que o río Miño vai encaixado e o acceso á mesma era difícil. Este dobre illamento favoreceu un bosque autóctono onde especies como os carballos, o acivro e o fresno conviven en harmonía.
.
Rutas de sendeirismo
Sendeiro Insuas Do Miño
- Duración – 1 Hora
- Lonxitude – 1,8 Km.
- Dificultade – Baixa
RUTA "CAMIÑO DO MIÑO"
- Duración – 4 horas 30 minutos
- Lonxitude – 18 Km.
- Dificultade – Media
RUTA "Miradoiro Terra Cha"
- Duración – 2 horas 30 minutos
- Lonxitude – 10,7 Km.
- Dificultade – Media
O Centro de Interpretación de Avifauna é un dos lugares de interese ambiental para visitar na xeografía galega. Avifauna é un Parque Zoolóxico Ornitolóxico e doutros moitos temas para o coñecemento ambiental.
- Duración – 1-3 Horas
- Zoo Aves | Natureza
- Accesibilidade
- Restaurante
O obxectivo de “Marcelle Natureza” é educar para protexer a fauna silvestre e conservar a natureza. Protexer a biodiversidade é o único modo de asegurar o noso futuro, todos dependemos da natureza e formamos parte dela. Aloxamos aos animais en condicións que permitan a satisfacción das súas necesidades físicas e psicolóxicas. Os nosos animais proceden doutros zoos, centros de recuperación ou centros de rescate, nunca de capturas de animais en liberdade.
- Duración – 1-6 Horas
- Zoo | Natureza Aventura
- Accesibilidade
- Restaurante
Situado na parroquia de Outeiro de Rei, tamén chamado As Veigas. Bonita área recreativa na confluencia dos ríos Miño e Ladra. Nela practícase a pesca e co bo tempo, é frecuente ver familias e grupos de amigos que usan este fermoso e singular paraxe como lugar de esparexemento e baño. Neste espazo natural localízase a capela de Santa Isabel, un fermoso muíño, bo representante da arquitectura popular vinculada aos ríos e á praia fluvial de Santa Isabel.
- Duración – 1-6 Horas
- Área Recreativa
- Accesibilidade
- Restaurante